Victoria sobre a bucina do O Esteo ante Sala Ourense

Jacobo celebrando o seu gol ante Sala Ourense | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Gran vitoria do O Esteo 2-1 ante o Sala Ourense nun vibrante encontro o disputado este sábado na Fraga, no que apenas puido xogar con dous trocos para os 40 minutos de encontro, coas baixas de Rubi, Héctor e Troncho.

A primeira metade rematou sen goles, e na segunda, pese a que se adiantou no marcador o cadro visitante por medio de Alli nunha polémica xogada, os locais empataron pouco despois cun forte disparo de Cokito, e cando apenas faltaban 30 segundos para o remate, nunha contra, Bruno servíalla a Jacobo que marcaba o 2-1 a porta baleira.

Con estes tres puntos os ponteses suman 19 na segunda posición antes de visitar ao Café Candelas O Parrulo B no derbi.

O Esteo: Jesús, Aitor, Jacobo, Bruno, Cokito – Jhony, Alberto.

Sala Ourense: Quiroga, Raúl, Alli, Bermejo, Arturo – Fer, Martín, Gus, Igor, Martinciño.

Goles: 0-1, Alli (26´), 1-1, Cokito (28´), 2-1, Jacobo (40´).

Árbitros: Roldán Pérez, Salinas García, López Seijas. Amarelas a Jhony, Cokito, Jacobo, Alberto, Igor, Arturo, Gus, e Abel Cernadas. Expulsado con vermella directa Raúl faltando 25 segundos.

Incidencias: Pabellón de A Fraga. Partido a porta pechada.

Lea también

O Café Candelas O Parrulo “B” juega ante el Caja Rural Atlético Benavente

Los ferrolanos necesitan los tres puntos en su lucha por la permanencia. Empieza la recta …