Narón-Inicio dos trámites precisos para dotar de saneamento ás vivendas da parroquia de Doso

O Concello adquirirá unha parcela para construír unha EDAR e iniciar a primeira fase da instalación do servizo de saneamento de Doso

 A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, anunciou este luns o inicio dos trámites precisos para dotar de saneamento ás vivendas da parroquia de Doso. Na mañá deste mesmo luns abordouse no transcurso da Xunta de Portavoces o ditame no que se recolle o compromiso de compra dunha parcela no lugar de Riveira, en Pedroso, para construír na mesma unha Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR).

A parcela, ubicada nun terreo dedicado ao secano, ten unha superficie de algo máis de 27 áreas, tal e como se recolle no compromiso de compra-venda. “Unha vez adquirida a finca dende Cosma realizarase un estudo sobre o custe que suporá a construción das citadas instalacións e, a continuación, tamén se estudará o custe de extensión dun colector no que se contemple o número de vivendas que se precisan para poñer a funcionar a EDAR, que require dun mínimo de inmobles”, explicou Ferreiro.

A alcaldesa recalcou que “o de hoxe é un primeiro paso para implantar a rede de saneamento na parroquia de Doso, unha zona do Concello cunha orografía que complica este tipo de intervencións pero para cuxa materialización estamos traballando dende hai tempo dende o goberno local, ao dispoñer xa dun estudo previo no que se detalla que a finca que adquirirá Cosma é a mellor das opcións en ubicación, por orografía e condicións urbanísticas para a futura instalación da EDAR”.

O Concello continúa avanzando con novos proxectos na implantación da rede de saneamento na zona rural do municipio. A maiores dos estudos que se iniciarán en breve para a primeira fase das obras en Doso, que se prevé que estean rematados antes deste verán, tamén se acometerán este ano outras intervencións nesta mesma área. Así o confirmou a alcaldesa, recordando que no orzamento municipal deste ano tamén se contempla unha partida para o saneamento no Camiño da Fonte, no Alto, e ampliarase a rede de saneamento Narón-no lugar de Pereiro, na parroquia de Sedes.

Lea también

Covid19-Área Ferrol (20-2)- Notable descenso del número de afectados en centros escolares en el Área Sanitaria

Según los datos facilitados al mediodía de este sábado, correspondiente a las 18 horas del …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *