Valdoviño-Presentada a programación do Concello para conmemorar o Día da Muller

Baixo o lema “Somos e Contamos”, o Concello de Valdoviño conmemorará un ano máis o Día da Muller. A programación de actos inclúe teatro, conversas, exposicións e a publicación na web municipal do manifesto. Todo isto, seguindo coas necesarias medidas de prevención fronte á covid-19.

O domingo

A obra8M(ULIER)” de Trémola Teatro inaugura o domingo 7 de marzo o
calendario. Dirixida a un público maior de 16 anos, arrancará ás 18 horas na Casa
da Cultura, con aforo limitado e retirada de invitacións a partir deste luns, día 1 de
marzo, (e ata o venres previo á función) en horario de 16 a 20 horas (o luns) e
de 10 a 14 e de 16 a 20 h (a partir do martes).

Ese mesmo domingo, inaugurarase tamén na Casa da Cultura a exposición “GALICIANAS. Mulleres galegas facendo historia”, da asociación Vai Rañala Meu! Poderá visitarse ata o 28 de marzo en horario de biblioteca e tamén nos momentos previos e posteriores á programación cultural habitual, seguindo as indicacións dos responsables do departamento.

«Conversas»
O 11 de marzo ás 17 horas iniciarase o programa «Conversas para ser e contar»
na Casa da Cultura, cun formato grupal no que se favoreza unha conversa aberta e profunda sobre as diferentes temáticas, intercambio de información e preguntas entre as persoas profesionais que actuarán como ponentes e as familias. A primeira delas leva por título “Meu corpo miñas regras. Un acompañamento respectuoso da menstruación”, a cargo de Sabela Maceira, do gabinete de sexoloxía Con Mucho Gusto. Vai dirixida a familias con crianzas ou interesadas na educación das crianzas e agasarallase a todas as participantes cun libro vencellado á temática.

A seguinte conversa, “Mulleres na madurez: emocións, corpo e sexualidade”, terá lugar o mércores 17 de marzo, ás 18,30 horas e no mesmo escenario. Neste caso, con Iria Veiga Ramos, médica psiquiatra, e destinada a mulleres a partir dos 55 anos.

Nun e noutro caso, é preciso inscribirse previamente, a partir deste luns, día 1 de marzo, no departamento municipal de Servizos Sociais (no teléfono 981 48 76 66 extensión 5).

Finalmente, a representación de “Bernarda, Vilalba 1975”, a cargo de
Malasombra producións, porá o broche de ouro á programación o venres 26 de
marzo ás 20 horas, e cun público maior de 14 anos como destinatario.

Lea también

Ares acada o epicentro de Atenas no marco do proxecto europeo ‘Sporural’

A concelleira de Deportes de Ares, Alma Barrón, e membros do equipo técnico deportivo e …