Narón-A alcaldesa participou nunha reunión telemática sobre a tramitación das axudas destinadas a hostaleiros, autónomos e micro pemes

A alcaldesa, Marián Ferreiro, participou na tarde deste martes nunha xuntanza vía telemática convocada pola Xunta de Galicia co fin de recibir información sobre a proposta da administración autonómica de integrar a xestión das axudas das entidades locais para o sector hostaleiro, autónomos e micro pemes no Plan de Rescate deseñado pola administración autonómica, que solicita aos concellos aportación económica para ese Plan. A finalidade desta proposta, tal e como se indicou dende a Xunta, é tratar de simplificar e axilizar a xestión desas axudas, para que acaden prazos de tramitación similares ou incluso os poidan reducir con respecto ao primeiro Plan de Rescate autonómico.

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, foron os encargados de explicar aos representantes das administracións locais o contido da proposta. O Clúster de Turismo de Galcia, que agrupa aos representantes da hostalería, as asociacións de autónomos e organización sindicais e empresariais incidiron na importancia de simplificar e axilizar a tramitación das axudas que as administracións destinan aos hostaleiros, autónomos e micro pemes afectados polas medidas sanitarias que se adoptan dende hai un ano debido á pandemia pola Covid-19.

Ferreiro interesouse ante os representantes da administración autonómica por cuestións vencelladas ás achegas económicas que deberían realizar os concellos e os prazos de adhesión á iniciativa, indicando finalmente que o goberno local valorará nos vindeiros días a viabilidade de sumarse a esta proposta.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …