Narón-O BNG reclama a limpeza e seguridade da Ruta dos Muíños

Fot-BNG

O BNG de Naron nun comunicado sinala que «Hai oito meses que reclamamos ao Concello a limpeza e seguridade da Ruta dos Muíños e a súa inclusividade, hai espazos intrasitábeis para nenas e nenos, para persoas con mobilidade reducida… e espazos inseguros por verquido de escombros, barandillas de escaleiras que se moven e non che dan seguridade, táboas das pontes rotas, lixo na contorna da ría, na mesma ría e en varios tramos da ruta, etc…»

«No mes de outubro nós mesmos fixemos un tramo da ruta colocando carteis coma o que podedes ver na imaxe para que a xente que fai a ruta se vise advertida dos distintos perigos en cada tramo do camiño e voltamos a rexistrar no Concello un documento explicativo e con imaxes do que nos fomos atopando para que se arranxasen esas deficiencias, a día de hoxe seguimos a atoparnos cos letreiros (que menos mal que están) e cos escombros, é unha vergoña».

Paréceme vergoñento publicitar esta Ruta como patrimonio do noso Concello, xa que forma parte dos Camiños de Santiago e Santo André, e que a xente se atope con estes carteis e todos estes escombros que representan un perigo», indica a  responsábel local do BNG , Marta Grandal, «ademáis de ser unha ruta que moita xente aproveita para camiñar ou facer deporte, sobre todo agora neste tempo de pandemia, e penso que a veciñanza merece espazos seguros e inclusivos e non isto».

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo “O dragón de ouro”

A compañía Sarabela Teatro representará este sábado 20 no Pazo da Cultura de Narón, ás …