O BNG demanda ao goberno local un maior control sobre a situación do transporte público na cidade

Iván Rivas, portavoz do BNG en Ferrol, censurou este sábado «a actitude complaciente» do alcalde da cidade e do goberno municipal diante das «actuacións arbitrarias» que toman as empresas concesionarias de transporte público na cidade e que están a causar numerosos prexuizos aos usuarios e usuarias do mesmo.

O portavoz indica que a «negativa» do goberno local a asumir directamente a xestión do transporte púbico na cidade, «asumir a criticamente o convenio metropolitano de transporte, non exercer un control sobre o estado e o cumprimento dos servizos de transporte público na cidade e delegar todo na xestión dunha Xunta de Galiza, à que o único que lle interesa é entregar estas prestacións às empresas concesionarias está a provocar unha reducción de servizos, un constante cámbio de horarios que supón un empeoramento das condicións e unha mala calidade do mesmo para os seus usuarios e usuarias«.

O BNG sinala que a continua reorganización de servizos na liña de autobuses Ferrol-A Coruña executadas pola empresa concesionaria, «moitas veces sen previo aviso, e que conlevan a supresión de liñas, modificación de horarios, e unificación de servizos están a provocar unha masificación e un aumento dos tempos de viaxe. Así mesmo as reorganizacións e reduccións de horarios nas liñas que prestan o seu servizo na cidade de Ferrol, executadas coa escusa da situación sanitaria, son intolerables«.

Iván Rivas, sinalou que o goberno municipal non pode actuar do xeito que está a facer nesta materia. Esixiu ao alcalde da cidade que «deixe de mirar para outro lado como se o problema non fora con él e esixa as empresas concesionarias como a Xunta de Galiza que presten este servizo nas mellores condicións para os veciños e veciñas de Ferrol«.

Lea también

Todo en marcha para la celebración los días 3 y 4 de mayo de la Fashion Night en A Magdalena

Todo está en marcha para la celebración de la Fashion Night de A Magdalena que …