O Esteo logra unha gran victoria ante a Universidad de Valladolid

Jacobo na xogada duns dos seus goles | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) O Esteo pontés de fútbol sala logrou hoxe un magnífico triunfo co que abría a segunda fase da Segunda División «B» no que a partidos disputados na Fraga se refire. A pesar de xogar apenas con sete xogadores os corenta minutos xa marchaba cunha magnífica ventaxa de 4-1 ao descanso.

I é que un maxistral Bruno anotou un hat trick, o primeiro tras forte disparo que se colou por entre as pernas do gardamallas (4´), o segundo picando o balón ante a saída do porteiro (8´), e o terceiro regateando a un defensa nun lateral da área e tirando ao segundo pau (19´).

Tampouco estivo mal o experimentado Jacobo que aproveitou un pase en profundidade para marchar en velocidade e picar o balón maxistralmente ante a saída de David. Entremedias recurtaba distancias para os casteláns leoneses Raulito tras saque de banda.

A segunda parte amosou a emoción do fútbol sala de que non hai partido finiquitado, xogando o equipo visitante con porteiro xogador os vinte minutos, o que serviu para ver un gol de Jacobo a porta baleira e un bo de Jhony ante a saída do porteiro, e polos visitantes un de Víctor en xogo de 5 para 4 e un penalti que parou Javichu pero recolleu o rexeite Callejo.

O Esteo é segundo con 35 puntos antes de visitar ao Unión Arroyo, de Arroyo de la Encomienda, que ten 34.

O Esteo: Javichu, Jhony, Héctor, Jacobo, Bruno – Rubi, Alberto.

Universidad de Valladolid: David, Picolo, Sancris, David R, Javi – Isaac, Raulito, Piti, Víctor, Miguelín, Callejo.

Goles: 1-0, Bruno (4´), 2-0, Bruno (8´), 2-1, Raulito (12´), 3-1, Jacobo (18´), 4-1, Bruno (19´). 5-1, Jacobo (30´), 5-2, Víctor (33´), 5-3, Callejo (34´), 6-3, Jhony (35´).

Incidencias. Amarelas a Javichu, Rubi, Isaac, Picolo. Pavillón de A Fraga. Uns 50 espectadores.

Lea también

Nova edición do «Campus de Fútbol de Verán da Fundación Celta» en Ares

A casa consistorial de Ares acolleu a presentación oficial do Campus de Verán de Fútbol …