O Esteo non pode evitar o alirón do Guardo

Tempo morto do O Esteo | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Duro varapau o que sofriu O Esteo no partido disputado na tarde deste sábado ante o Guardo de Palencia. Curiosamente ante este equipo debutou na Segunda «B» na que cumpre a oitava tempada o cadro pontés con unha vitoria 4-1 un 28-9-2013.

Nada que ver co que aconteceu hoxe que os zamoranos si gañaban conseguían o título e foron absolutos domiñadores do encontro, marchando xa 0-2 ao descanso.

Trala reanudación, situándose con 0-4, co encontro xa sentenciado, co porteiro-xogador o resultado foise ata o 0-7 final dun O Esteo que mereceu algún tanto pero Gómez estivo inconmensurable.

Ata o de agora a traxectoria do O Esteo na Fraga era inmaculada cun total de oito vitorias por tan so un empate no inicial ante O Parrulo «B» que acabara empatando 3-3 nos últimos segundos trala inxusta expulsión de Javichu.

O Guardo mantén un impoñente rexistro de 54 puntos, que xa non podería ser alcanzado por ningún dos seus perseguidores nas catro xornadas que restan. O Esteo é quinto con 35 puntos e comeza a segunda volta recibindo ao Segosala.

O Esteo FS: Javichu, Troncho, Rubi, Bruno, Héctor – Alberto, Jhony, Jacobo, Aitor.

Guardo: Gómez, Davicín, Beto, Albert, Chochi – Chefo, Juanma, Mike, Chuco, Brian.

Goles: 0-1, Chochi (10´), 0-2, Albert (15´). 0-3, Chuco (25´), 0-4, Chefo (26´), 0-5, Davicín (31´), 0-6, Beto (33´), 0-7, Chefo (36´).

Incidencias. Amarelas a Alberto, Héctor, Jacobo, Sergio, e Marcos, todas para o bando local. Uns 70 espectadores.

Lea también

Cambio nas saídas previstas na «I Travesía de caiac de mar Concello de Narón»

Ante a previsión de condicións adversas, por vento, na xornada do domingo día 21 informan desde …