O Concello celebrou o primeiro Consello Sectorial da Lingua tras a aprobación do seu regulamento interno

Constitución do Consello Sectorial da Lingua | Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol celebrou o pasado venres a primeira sesión do Consello Sectorial da Lingua tras a ratificación e aprobación do seu regulamento interno en outubro. A concelleira de Normalización Lingüística, Cristina Prados, presidiu a sesión celebrada no pazo municipal e deu conta dos avances tomados en Alingua, Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, a comezos de abril co fin de promover a lingua a través do comercio local. No marco desta entidade, da que forman parte Vilagarcía de Arousa, Teo, Ribadeo, Santiago de Compostela, Rianxo, Redondela, Rois, Pontevedra, Ponteceso, O Grove, Narón, Moaña, Ferrol, Amez, A Coruña e A Baña, tamén se está a traballar na creación dunha web.

Durante o Consello Sectorial da Lingua tamén se deu conta das actividades incluídas na xornada literaria do pasado sábado na Praza de Armas ‘Voar sobre a Terra’, unha iniciativa organizada polo Concello por mor da celebración do Día das Letras Galegas 2021.

Ademais do alcalde, Ángel Mato, como presidente, da concelleira e representantes dos grupos políticos municipais, o Consello Sectorial de Lingua está constituído porquince representantes de entidades cidadás inscritas no Rexistro Sectorial de Entidades Cidadás relacionadas co sector ou co interese na materia. Neste espazo tamén encontran representación as entidades, plataformas, cooperativas e entidades do terceiro sector que se consideren de interese.

Lea también

Sale a licitación en Ferrol la mejora del firme de varios caminos del POS+

La plataforma de Contratación del Sector público recoge este jueves 25 la licitación del aglomerado …