Os Comités de Navantia Ferrol-Fene reclaman apoio unámime ó concello ás demandas de traballo e a urxente transformación do asteleiro

Fot. cedida

O Comité de Empresa de Navantia reclámalle ó Concello de Ferrol o respaldo unánime de todos os grupos políticos para as súas demandas de carga de traballo, emprego e futuro para o naval na nosa ría que pasan, necesariamente e con urxencia, pola transformación do estaleiro de Ferrol con dique cuberto e investimentos en Carenas e Turbinas

Así queda de manifesto na moción que os representantes dos traballadores rexistraron o luns 21 e que se debatirá no pleno ordinario de fin de mes  xoves 24.

O escrito sinala que xa hai máis dun lustro que o grupo naval encargara ao centro tecnolóxico Romero Landa, en colaboración coa reputada consultora McKinsey, un estudio de viabilidade para o estaleiro de Ferrol con vistas a acometer a transformación do centro para situalo entre os máis punteiros a nivel mundial.

Naquel momento, a conclusión foi que Ferrol precisaba dunha transformación integral para ser competitivo a escala global concentrndo todos os procesos de forma que se pasase da construción en grada a facelo baixo dique cuberto, cun aforro significativo nas F-110 que permitiría costear este investimento.

Non obstante, desde o Comité denunciase que desde a sinatura do Plan Estratéxico de Navantia (PEN), se está a ‘invisibilizar calquera investimento no centro de Ferrol que non sexa no obradoiro de sub-bloques, obviando a necesidade de investir en Carenas, Turbinas,… “

“É importantísimo que se coñeza que o futuro taller de sub-bloques está orientado na ubicación onde se emprazaría o dique seco cuberto. Non cabe dúbida de que sería o complemento perfecto na mellora dos procesos na construción de calquera buque, pero mentres non se constrúa o tan necesario dique, a situación do taller repercutiría no empeoramento nos procesos xa que esta planeado para o estaleiro do futuro e non para o actual”, explica a moción.

Así é que desde os Comités de Empresa de Navantia Fene e Ferrol ESIXEN AO PLENO DA CORPORACIÓN DE FERROL que por unanimidade insten ao Goberno central, no concreto ao Ministerio de Facenda, -do que dependen SEPI e Navantia-, a que se pronuncien axiña e con claridade se contemplan a transformación integral do asteleiro de Ferrol cun dique cuberto de construción civil e militar, tal e como estaba comprometido para garantir un futuro competitivo no mercado internacional e fixen un calendario de datas e investimentos para acometelo a maior brevedade.

Lea también

Los cruceros «Nansen» y «Aurora» hacen escala en Ferrol

Para las ocho de la mañana de este miércoles, día 24, estaba prevista la entrada …