O BNG recolle sinaturas para esixir a rebaixa do prezo da electricidade

O BNG recollendo firmas contra a tarifa eléctrica na Plaza de Armas | BNG

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, presentou esta mañá na nosa cidade a campaña de recollida de sinaturas que o BNG está a desenvolver por todo o país «diante do incremento brutal da factura da electricidade que estamos a vivir ao longo das últimas semanas«.

Rivas sinalou que o BNG está a desenvolver esta campaña co obxecto de rematar «cunha discriminación que non se circunscribe ao acontecido ao longo das últimas semanas senón que ven herdada do que ten acontecido coa maneira de producir enerxia ao longo dos últimos anos e das últimas décadas no noso país«.

Rivas indicou que para o BNG é «inaceptábel que ao mesmo tempo que se están a promover novas concesións de parques eólicos se acometan estas subidas eléctricas indiscriminadas e ademais se fai nun contexto de crise sanitaria e económica como a que estamos a vivir» .

Para o BNG isto demostra que o goberno estatal e da Xunta de Galicia os únicos obxectivos que se perseguen con este tipo de decisións «é mellorar a conta de resultados das empresas que xestionan a enerxía no noso país, sen ter en conta que os galegos e galegas somos excedentarios na produción de enerxía eléctrica e asumimos os custes medioambientais da instalación destas infraestruturas sen recibir ningunha compensación«.

O BNG desenvolve esta campaña para «dicir basta xa«, para reclamar «unha tarifa eléctrica galega que abarate a factura da luz para galegas e galegos, en beneficio de consumidoras particulares e das nosas empresas, de maneira que se compense o papel de Galiza como excedentaria na produción eléctrica e o forte impacto ambiental e social derivado do seu papel produtor«. Para que se cree unha empresa pública galega «coa que inicialmente integre os encoros que vaian rematando o período de concesión, así como a participación noutros ámbitos de xeración de enerxía para a socialización dos beneficios«.

Tamén piden modificar a Lei do sector eléctrico e os últimos cambios tarifarios de maneira que o prezo da electricidade se estipule en función dos custos de xeración de cada tecnoloxía. «Que se contemple a baixada do IVE na factura eléctrica, do actual 21% ao 4% (superreducido), e a eliminación do imposto especial da electricidade

Xa por último o BNG esixe garantir a subministración eléctrica a toda a poboación, establecendo medidas para que non se lle poida cortar a luz a ningunha persoa sen recursos.

Lea también

La Cátedra Jorge Juan, promovida por la UDC y la Armada, conmemora su 30 aniversario en el Campus de Ferrol

El rector de la Universidad de A Coruña, Ricardo Cao Abad, preside, junto con el almirante …