Narón-O Parque do Río Freixeiro acolle tres días de «Mercado Medieval»

O Parque do Río Freixeiro acolle dende a tarde  deste venres e ata a noite do vindeiro domingo unha nova edición do Mercado Medieval organizado polo Concello de Narón . Tres días nos que un centenar de postos de artesanía e alimentación se dan cita nun evento no que non faltará a música, xogos e atraccións para nenas e nenos, obradoiros e incluso un campamento medieval, unha das novidades deste ano.

Os postos do Mercado Medieval abriron ás 18.00 horas e ás 18.30 horas xa en marcha o Campamento Medieval, no que se recrea a vida da época e donde se poden ver armas, utensilios de cociña, toneis, demostracións de combates, adestramentos, roupa do medievo… A esa mesma hora, sobre as 18.30 tamén se pudo participar nos xogos de mesa do Rincón Infantil e tivo lugar un pasarrúas para amenizar a xornada e no que participaron todas as compañías e ao que asistiron representantes da corporación local.

Os espectáculos “Froilán e as súas travesuras”, “Shinku”, con danza aérea e hula hop; música con Treefolk e un espectáculo final dende as 22.45 horas con lume, pirotecnia, danza e un número aéreo completan a programación do día de hoxe.

O Mercado reabrirá este sábado ás 11.00 horas, cunha programación similar á de este venres e actividades tamén para as nenas e nenos. A música de Treefolk, espectáculos de duendes, natureza, fadas, música de trovadores… forman parte das propostas que se completan estes días cunha zona de restauración.

Tras un pequeno parón ao mediodía o mercado abrirá de novo ás 18.00 horas con novos números de elfos, pasarrúas, zancudos, música… e ás 23.00 horas “Lume de bruxa”, con lume, pirotecnia, danza e un espectáculo aéreo, ó igual que na xornada de hoxe.

O último día do Mercado será este domingo, que tamén reabrirá ás 11.00 horas ata o mediodía, coas propostas do «Campamento Medieval», o rincón infantil, un gran pasarrúas ás 12.00 horas no que participarán todas as compañías, teatro, espectáculos de fadas, música de Treefolk… Tras un descanso para xantar, pola tarde, dende as 18.00 horas retomarase a programación con música, espectáculos de acrobacias e teatro e outras propostas para rematar tralo pasarrúas das 21.30 horas e cun espectáculo aéreo de luz, son e lume.

A programación ao completo para os tres días do «Mercado Medieval de Narón» pode consultarse a través do enlace:
http://www.naron.es/web/docs/Programa-Mercado-Medieval-Naron.pdf

Lea también

Narón conmemora o Día Internacional do Libro cun “Pequeno obradoiro literario”

Os nenos interesados en participar no Pequeno obradoiro literario organizado na Biblioteca municipal de Narón poderán …