Narón-A alcaldesa reuniuse con responsables da Federación Española de Baile Deportivo

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, reuniuse no mediodía deste mércores no seu despacho con Luis Vañó e Araceli Castaño, presidente e vicepresidenta, respectivamente, da Federación Española de Baile. A xuntanza tivo entre os seus obxectivos analizar posibles vías de colaboración entre o Concello e a citada Federación, co fin de estudar esas vías de colaboración de cara a este mesmo ano.

Ferreiro e Vañó avanzaron que se porán en marcha conxuntamente dúas ou tres actividades, que se definirán nas vindeiras semanas e que se levarán a cabo no período 2021-2022. Así mesmo, indicaron que esas actividades abarcarán diferentes especialidades vencelladas ao baile.

Tanto a alcaldesa da cidade como o presidente da Federación Española de Baile Deportivo destacaron a importancia de iniciar esta colaboración co fin de continuar promocionando esta disciplina deportiva en Narón. Ferreiro destacou tamén trala xuntanza que “as clases de baile deportivo do Padroado da Cultura son todo un éxito e contamos con moitas rapazas e rapaces que teñen xa un nivel moi importante e unha traxectoria neste deporte, con importantes premios en diferentes competicións nas que participan”.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …