Narón-«Noite no mosteiro» un espectáculo de iluminación e poesía

O mosteiro de San Martiño de Xuvia, no Couto, acollerá este sábado, día 24, o evento «Noite no mosteiro».

O Concello organiza un ano máis esta cita, que amenizará a formación «Arko Experience» protagonistas dos concertos –haberá tres pases con descansos entre cada un deles- que terán lugar entre as 22.30 e as 01.00 horas na parte traseira do cenobio naronés.

Así mesmo, haberá un espectáculo de iluminación artística da fachada do mosteiro do Couto –con algunhas novidades con respecto ás anteriores edicións- e lerase durante o acto o poema «Galicia» do recoñecido escritor galego Ramón Cabanillas.

Debido á actual situación sanitaria haberá un control de acceso, polo que é preciso rexistrarse previamente, de balde, na web: www.eventi.es/blog, debendo amosar a entrada no punto habilitado no recinto. Tamén se poderá anotar o público, no caso de que quede aforo, o propio día do evento nas inmediacións do mosteiro do Couto.

Será obrigatorio en todo momento o uso de máscara e o mantemento da distancia social, así como o cumprimento do resto das normas fixadas pola organización ou que se puidesen indicar dende as autoridades sanitarias debido á evolución da pandemia pola covid-19.

O acceso ao recinto estará permitido a partir das 22.00 horas.

A celebración desta cita implicará unha serie de restricións no tráfico rodado que estarán debidamente indicadas, como a prohibición de subir pola rúa da Soria.

Habilitaranse dúas zonas de estacionamento, xunto ó local social e nas proximidades do cenobio, que estarán tamén indicadas e desprazarase á zona persoal de Protección Civil para informar ás persoas que se acheguen ó evento.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …