Narón-Campaña promocional do pemento do Couto

O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, e a xerente da Cooperativa do Val, Marta Vázquez, presentaron na mañá dste lunes, día 2 de agosto, no Concello de Narón a campaña promocional do Pemento do Couto.

O edil naronés explicou que a finalidade desta iniciativa, impulsada dende o Consistorio en colaboración coa citada cooperativa local, «é dar valor a este produto, con Indicación Xeográfica Protexida (IXP), incrementando o seu valor engadido e tamén destacando as posibilidades que ofrece a súa produción»

Pita explicou que a campaña consiste na instalación de cinco vallas publicitarias do pemento do Couto, que se instalarán este mesmo luns en diferentes ubicacións do termo municipal: estrada de Castela-Piñeiros; estrada de Castela-Ponte das Cabras; Centro Comercial Odeón; Polígono da Gándara-rotonda de Alcampo; estrada de Catabois-dirección Arquitecto Marcide e zona de Parque Ferrol.

Así mesmo, repartiranse na Cooperativa do Val e noutros puntos dípticos informativos sobre a historia dos pementos do Couto e coa receita tradicional e tamén bolígrafos.

«Temos que apoiar o pemento do Couto como produto local e de proximidade» asegurou o concelleiro, incidindo en que a través desta campaña «apostamos por destacar que estes pementos non pican, o que os diferencia doutros que podemos atopar no mercado»

A xerente da Cooperativa do Val agradeceu a colaboración do Concello e indicou que o pemento do Couto «é un produto digno de ensalzar». En canto á produción do mesmo, recalcou que se trata «dunha fonte de ingresos para moitos produtores e produtoras, a maioría vencellados á cooperativa do Val pero hai máis».

Vázquez destacou que é «un dos mellores produtos da zona, un pemento doce, con IXP propia e que ensalza a economía de proximidade dende un punto de vista importante porque se xera na zona dende o inicio»

Na actualidade, tal e como indicou a xerente da Cooperativa do Val, a produción está no seu pico máximo. «Comercializamos de xuño a setembro e este ano hai moita produción, polo que contamos doblar as vendas do pasado ano» indicou Vázquez.

Finalmente, o concelleiro de Promoción Económica amosou a súa confianza en que a campaña promocional dea os resultados esperados e avanzou que «dende o Concello seguiremos impulsando iniciativas como a que hoxe presentamos porque consideramos que son moi importantes para poñer en valor este tipo de produtos»

Lea también

Narón-Amplíase o prazo de inscrición para o obradoiro «Cuidadanas»

O prazo de inscrición no obradoiro «Cuidadanas» do Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no …