Narón-O Concello licita a xestión das escolas municipais infantis da Solaina, A Gándara e Piñeiros

O Concello de Narón licita en 1.985.801 euros a xestión das escolas infantís municipais da Solaina, A Gándara e Piñeiros por un período de dous anos.

As empresas interesadas en presentar as súas ofertas dispoñen de prazo ata o 27 de agosto para presentalas formalmente no Concello.

Os plegos deste contrato están publicados na Plataforma de Contratación do sector público, podendo tamén consultarse dende a páxina web do Concello: www.naron.es, no apartado de «Perfil do contratante»

O contrato incluirá o servizo educativo principal dos tres centros, así como a acollida, permanencia, o servizo de comedor, o de limpeza e actividades complementarias. As achegas económicas do Concello realizaranse en tres anualidades, debido a que, segundo as previsións actuais, o novo contrato estará en vigor dende o vindeiro 1 de setembro ata o 31 de agosto de 2023.

En base a eses datos, este ano abonaríanse 248.226 euros, o vindeiro ano unha partida de 992.905 euros e no período de servizo de 2023 (de xaneiro a setembro), os 744.679 euros restantes.

Cada unha das tres escolas infantís municipais de Narón conta con seis unidades e 82 prazas de atención simultánea, distribuíndose do seguinte xeito: dúas unidades de 0 a 1 ano (16 prazas en total); dúas unidades de 1 a 2 anos (26 prazas en total) e outras dúas de 2 a 3 anos (40 prazas en total).

Os centros deberán prestar os seus servizos de luns a venres durante todo o ano, en horario de 7.30 a 20.00 horas, contemplándose organizacións especiais nos meses de xullo e agosto en función da demanda e tamén posibles cambios no horario atendendo ás necesidades do servizo.

As prestacións a desenvolver nas escolas infantís da Solaina, A Gándara e Piñeiros por parte da empresa adxudicataria son os servizos de educación principal (proxecto educativo), acollida e permanencia dos menores nos centros educativos, comedor, limpeza, actividades complementarias e outros que a entidade oferte e que se definan como complementarios.

Lea también

Axenda en Narón o 20 e 21 de abril

Sábado 20 de abril de 2024 Actividade: Obradoiro “Encadernación ecolóxica” Hora: 11:00 Lugar: Centro cívico …