Narón-Intensificación da vixilancia e sancións para erradicar vertedeiros incontrolados na rúa

O Concello de Narón intensificará os controis e as sancións no termo municipal para erradicar vertedoiros incontrolados localizados en alguns puntos do municipio así como as condutas incívicas que levan a depositar ó lado dos contenedores mobiliario e outros voluminosos sin avisar nin concertar data cos servizos municipais de recollida.

A ordenanza en vigor no Concello contempla sancións de ata 3.000 euros para os casos calificados como «moi graves» que valora a Policía de Medio Ambiente pero aqueles que se tramiten a través da lei autonómica de residuos, os expedientes remítense á Xunta de Galicia (ó non ser competencia municipal) e as sancións poden superar os 30.000 euros.

O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla recordou que tras a entrada en vigor do novo contrato de Recollida de Residuos Sólidos Urbáns (RSU) e limpeza viaria, unha das melloras establecidas, que xa se está aplicando, e o aumento de recollida dos residuos que pasou de 2 a 3 veces por semana.

Santalla lamentou «algunhas conductas incívicas que levan a depositar, incluso en fins de semana, residuos en puntos ilegais da nosa cidade» e incidiu no chamamento á colaboración da veciñanza para manter o noso municipio nas mellores condicións de limpeza, recordando que o Concello ten a disposición da cidadanía as instalacións do Punto Limpo municipal de Río do Pozo, operativo de luns a venres en horario de 9.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas e os sábados de 9.00 a 14.00 horas, e tamén o Servizo de recollida de enseres co que se debe concertar a recollida chamando ó número de teléfono: 981391074

Lea también

A Biblioteca de Narón e a Axencia de Lectura da Gándara retoman “Trocolibro”

A Biblioteca de Narón e a Axencia de Lectura da Gándara retoman dende este luns …