Ferrol-Premios do XXI Certame Artístico de Poesía e Imaxe «En galego, sen filtro»

A concelleira de Normalización Lingüística, Cristina Prados, deu conta ós grupos da oposición na comisión informativa de área celebrada o luns, día 6 de setembro, do XXI Certame Artístico de Poesía e Imaxe «En galego, sen filtro», no que resultaron seleccionados un total de 26 traballos, dos que 10 son de educación primaria, 5 de ESO, 4 de educación infantil, 3 de bacharelato, 3 da modalidade audiovisual e 1 de ciclo formativo.  Dos 26, catro traballos teñen autoría colectiva e 22 individual.

A concelleira informou que o alumnado seleccionado pertence a 13 centros educativos da cidade: os IES Concepción Arenal, Fernando Esquio, Saturnino Montojo, Carvalho Calero, Sofía Casanova, Catabois e Ferrol Vello, CPI Atios, CPR Ludy, CEIP Juan de Lángara, CPR Belén, CEIP Pazos e o CPR Compañía de María.

Prados anunciou que a entrega de premios terá lugar no centro cultural Torrente Ballester a comezos do mes de outubro.

Cada autor recibirá unha reprodución en papel da súa obra en tamaño A3 e un libro de agasallo.

Lea también

Ares entrega os premios do IV Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos Escolares

Concello de Ares e CPI As Mirandas entregaron esta semana os premios do IV Concurso …