Narón-Sesións con monitoraxe en parques biosaudables da cidade

O Concello de Narón retomará o vindeiro mes de outubro as sesións de deporte para persoas maiores en parques biosaudables da cidade.

O edil de Deportes, José Oreona, indicou que as sesións se levarán a cabo en outubro nas instalacións localizadas en Xuvia, Freixeiro, Sedes,Castro, A Gándara, Praza de Galicia, Pedroso e San Mateo.

«Trátase de sesións de balde, como na anterior ocasión, e que programamos para un mes, co requisito de que como mínimo estean inscritas tres persoas no parque no que se poderían levar a cabo», explicou Oreona.

As sesións programadas serían: en Xuvia os martes de 10.00 a 11.00 horas; en Freixeiro os martes de 11.15 a 12.15; en Sedes os xoves de 10.00 a 11.00; en Castro os xoves de 11.15 a 12.15; na Gándara os venres de 11.15 a 12.15; na Praza de Galicia os venres de 11.15 a 12.15; en Pedroso os martes de 16.00 a 17.00 e en San Mateo os martes de 17.15 a 18.15 horas.

As persoas interesadas en inscribirse poden facelo dende hoxe ata o vindeiro 29 de setembro. De luns a venres polas mañás deben tramitarse nas oficinas do pavillón polideportivo da Gándara, de 8.30 a 13.30,  e polas tardes e as fins de semana na Conserxería das citadas instalacións municipais, de 15.00 a 23.00 de luns a venres e de 8.30 a 23.00 horas os sábados e domingos.

«Sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan levaranse a cabo estas sesións nas que un monitor se encargará de explicar ás persoas que acudan o correcto uso dos equipos instalados nos parques biosaudables» explicou o edil de Deportes.

Así mesmo animou á cidadanía apuntarse e recalcou que a través desta actividade «queremos fomentar a práctica do deporte ó aire libre, hábitos de vida saudables e tamén, seguindo todas as medidas sanitarias en vigor, a interacción entre a veciñanza»

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …