Narón-Feira de Desenvolvemento Rural “Rexenera Aventunarón”

O recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes, acollerá esta fin de semana, os días 1, 2 e 3 de outubro, a Feira de desenvolvemento rural e medio ambiente «Rexenera Aventuranarón». O turismo activo, a sustentabilidade, a innovación e a enerxía terán un espacio propio neste evento, organizado polo Concello e no que colabora a Deputación da Coruña.

Preto dunha vintena de expositores, vencellados á temática do evento, participarán nesta convocatoria, que nace coa intención de consolidarse no tempo, tal e como apuntaron os edís de Promoción Económica, David Pita, e Medio Ambiente, Santiago Galego.

A feira disporá de tres espazos diferenciados: unha zona de exposicións na que se coñecerá a labor das diferentes empresas; unha de conferencias donde se sucederán as intervencións de profesionais en diferentes áreas e unha terceira de actividades na que se levarán a cabo obradoiros para persoas de todas as idades e vencellados ao medio ambiente e rural.

O evento inaugurarase este venres ás 11.00 horas e entre as 12.00 e as 13.00 horas haberá unha ponencia sobre «Aproveitamento dos nosos montes»

Pola tarde haberá ponencias a partir das 16.00 horas sobre «Aves mariñas no entorno da Costa Ártabra» «Eficiencia enerxética e renovables para autoconsumo». Tamén haberá un apartado para actividades, que comezará ás 16.00 horas cun obradoiro medioambietal ao que seguirá ás 17.30 horas o de construción de caixas niño para paxaros e unha sesión de «workshop» ás 18.00 horas.

A programación retomarase o sábado ás 10.45 horas, cunha ponencia sobre «O adestramento e a supervivencia» e a continuación comezarán outras sobre «O novo turista de natureza» «Modelo de desenvolvemento sostible do territorio» e tamén se falará sobre «Novas actividades turísticas sostibles no medio natural». Pola tarde ás 16.00 horas haberá unha charla sobre «Ecoturismo e conservación da águia pescadora na bahía de Santander» para seguir a programación con outras sobre «Modelo de desenvolvemento sostible do territorio» e de «Pegada de carbono e sostibilidade turística no entorno rural»

Así mesmo, haberá dende as 11.00 horas un obradoiro medioambiental e actividades de aventura, unha actividade con vehículo motobomba, un workshop e o obradoiro «Cada xesto conta: cálculo da pegada ecolóxica» Pola tarde seguirán os obradoiros de 16.00 a 18.00 horas, sobre medioambiente, auga e lume e refuxio e nudos.

O domingo 3 ás 10.30 horas haberá unha ponencia sobre «Invasoras no noso entorno» e sobre as 12.00 presentarase o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Medioambiental de Galicia (CEIDA) e as súas principais liñas de traballo. A convocatoria inclúe un obradoiro sobre «Que é o que chega ás nosas costas polo noso malfacer»

Outra das propostas que se desenvolverá na feira do Trece será un obradoiro sobre exploración de aves mariñas na Costa Ártabra, a través do proxecto «Narón, mar aberto». O edil de Promoción Económica, David Pita, explicou que se trata dunha iniciativa impulsada a través do Golfo Ártabro Norte, en colaboración coa Consellería do Mar e financiado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Marítimo da Pesca (FEMP).

O venres, día 1, ás 16.00 horas, o ornitólogo Antonio Sandoval impartirá unha charla sobre as especies de aves mariñas reprodutoras e migratorias do Golfo Ártabro. Así mesmo, entre as 17.15 e as 20.00 horas desenvolverase o obradoiro «Cada moucho no seu souto» aberto á participación da cidadanía en xeral e no que os participantes se anotarán antes do inicio do mesmo.

Lea también

O Concello de Narón acolle ata o 3 de maio unha exposición sobre saúde mental

A pranta baixa do Concello acolle dende este xoves 18 e ata o vindeiro 3 de …