Narón-A produtora Portocabo rodou este mes na cidade varias escenas da serie “Rapa”

A produtora Portocabo gravou nos últimos días escenas da serie «Rapa» que se poderá ver en Movistar+, en diferentes ubicacións da cidade.

As inmediacións do Centro Comercial Odeón, o estadio de Río Seco e a zona de Piñeiros foron os lugares elixidos para parte das localizacións desta serie, creada por Pepe Coira Fran Araújo, dirixida por Jorge Coita e que conta no reparto co recoñecido actor español Javier Cámara.

Persoal do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) de Narón e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Narón colaborou cos profesionais da productora desprazados á cidade.

O traballo implicou algúns cambios no tráfico rodado, na iluminación pública e tamén no acondicionamento de determinados espazos, tal e como indicaron dende o Speis de Narón.

A serie «Rapa» de seis capítulos, arranca co asasinato da alcaldesa dun pobo de Galicia, de donde partirá a investigación do crime, que conta cun único testemuñoa, Tomás, un mestre interpretado por Javier Cámara. A rodaxe levouse tamén a cabo noutros concellos da comarca e a estrea da serie está prevista para o vindeiro ano.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …