Narón-Representación da comedia “Las cuatro estaciones… ya no son lo que eran”

O teatro centrará a programación desta fin de semana no Pazo da Cultura de Narón. O sábado día 9 ás 20.00 horas poderase ver a obra de teatro musical «Las cuatro estaciones… ya no son lo que eran» da compañía Teatro Che y Moche.

«Las cuatro estaciones… ya no son lo que eran» é unha comedia centrada na música de Vivaldi. É unha peza dirixida a todo tipo de públicos, na que Teatro Che y Moche amosarán unha peculiar forma de vivir un concerto, cun humor espontáneo e intelixente onde o sorriso e a tolemia se unen á música en directo de principio a fin.

O prezo das entradas aínda dispoñibles é de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

Lea también

Narón promociona o turismo, cultura e gastronomía local en Expocidades en Ferrol

O Concello de Narón participa en Ferrol cun expositor propio na sexta edición da Feira …