Narón-Axenda do 7 ó 10 de outubro de 2021

Xoves 7 de setembro de 2021

Actividade: Ciclo de cine: «Dhogs» Hora: 20.00 h Lugar: Pazo da Cultura

O Pazo acollerá este Ciclo de cine en galego, de balde, e organizado dende o Padroado da Cultura en colaboración co Cineclube Serie B. As entradas poden retirarse no despacho de billetes do Pazo.

Venres 8 de outubro de 2021

Actividade: «XI Campionato de Tenis de mesa» Hora: 10.00 h Lugar: Pavillón Campo da Serra

Cinco asociacións e delegacións de Saúde Mental Feafes Galicia procedentes de toda a comunidade autónoma participarán neste campionato de tenis de mesa para persoas con problemas de saúde mental. O evento celebrarase sen público.

Sábado 9 de outubro de 2021

Actividade: «Las cuatro estaciones… ya no son lo que eran» Hora: 20.00 horas Lugar: Pazo da Cultura

A compañía Teatro Che y Moche presenta esta obra en Narón, unha comedia musical centrada na música de Vivaldi. É unha peza dirixida a todo tipo de públicos e na que se amosará a peculiar forma de vivir un concerto. As entradas aínda dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web: www.padroadodecultura.es

Domingo 10 de outubro de 2021

Actividade: «Elisa e Marcela» Hora: 19.00 horas Lugar: Pazo da Cultura

A comedia musical «Elisa e Marcela» forma parte da programación impulsada a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco do programa FalaRedes, da Rede de Dinamización Lingüística, á que está adherida o Concello de Narón, con cargo ó Fondo Europeo Xacobeo 21- 22. As entradas son de balde e poden recollerse un máximo de dúas por persoa na billeteira do Pazo ata completar o aforo.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …