Narón-Firma de tres convenios con centros de ensino en materia de promoción educativa

A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou este xoves, día 14 de outubro no Concello tres convenios de colaboración con tres representantes de centros de ensino da cidade. A cita contou coa presenza da concelleira de Ensino, Mercedes Taibo.

Os convenios asináronos, por parte dos centros, Mª Belén Franco Mouriz, directora do CEIP Piñeiros; María del Carmen Loureiro Rodríguez, directora do CEIP Virxe do Mar; e Mª del Carmen Vázquez Barreiro, directora do CEIP Ponte de Xuvia.

En conxunto, o importe destinado desde a administración local a este convenios de promoción educativa ascende a 5.800 euros. O Concello achega ademáis recursos humáns co asesoramento técnico e administrativo do Servizo Sociocomunitario Municipal en todo o relacionado co contido do acordo a desenvolver. Estes acordos teñen vixencia desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2021.

O Concello, a través do Servizo Sociocomunitario Municipal, leva varios anos promocionando na cidade actividades educativas a través do programa de recursos educativos de apoio á escola, moitas delas nos parques temáticos e áreas medioambientais da cidade. “En base á boa aceptación que teñen este tipo de actividades e considerando a necesidade de darlle continuidade a este programa, un ano máis asinamos estes convenios para seguir desenvolvendo esas actuacións”, asegurou a rexedora local.

Os beneficiarios do convenio son os alumnos de cada un destes centros educativos, todos eles, con máis de 20 anos desde a súa implantación na cidade. A alcaldesa agradeceu a gran implicación nos programas que, dirixidos aos escolares, se impulsan desde o Concello e que complementan a outros organizados dende os colexios. “Accións que consideramos moi importantes e, polo tanto, ás que queremos dar continuidade contribuíndo ó seu desenvolvemento na medida das posibilidades do Concello”, manifestou Ferreiro.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …