Narón-Dase a coñecer o xurado profesional encargado de valorar o concurso ‘Tarta de Narón’

Lucía Freitas, Pablo Morales e Manuel Cerdido son os membros do xurado seleccionados polo Concello de Narón para valorar as propostas presentadas ó Concurso dirixido a profesionais, promovido a través da Concellaría de Turismo e Festas, dirixida por Natalia Hermida, para a elaboración dun produto gastronómico que se denominará ‘Tarta de Narón’.

Lucía Freitas: formada cos mellores profesionais do País Vasco e de Cataluña, da man de Jordi Butrón, Ramón Morató e Angelo Corvitto, coñece os segredos da pastelería, bombonería e xeadería na Escola de Sobremesas de restaurante Espai Sucre (Barcelona). Posteriormente no “Celler de Can Roca” a pastelaría de Jordi Roca… Foi xefa de pastelería na prestixiosa “Relais & Chateau” e volta a Galicia para abrir o seu propio restaurante A Tafona (Santiago de Compostela), distinguido actualmente cunha Estrella Michelin e que posiciona a Lucía como unha das mellores empresarias gastronómicas en España.

Pablo Morales, pasteleiro, nominado ó premio Pasteleiro Revelación de España na categoría de obrador en 2019. Con só 17 anos, traballou en Bubó xunto a Carles Mampel. Alí comezou unha traxectoria profesional que seguiu ampliando na India, Kuwait e Inglaterra, e con todo o aprendido, volta á súa terra e abre o seu propio negocio en A Coruña: Habaziro Concept.

Manuel Cerdido, profesor técnico de Formación Profesional Familia de Cociña e Pastelaría no IES de Vilamarín (Ourense).

Os participantes no concurso en marcha e cuxo prazo de admisión remata o vindeiro día 23, deben ser profesionais, e propoñer un doce que, entre outras características, se inspire na tradición cultural ou gastronómica da zona e represente o territorio en distintos eventos turísticos ou de lecer.

A proposta seleccionada será de produción propia, servirá para compartir tanto en festas-celebracións de carácter familiar e social, como en agasallo para turistas e persoas que por calquera outro motivo visitan Narón, neste sentido será un «doce de viaxe” que formará parte das vitrinas das pastelarías que a desexen ofrecer como reclamo turístico e gastronómico.

A «Tarta de Narón» é unha marca rexistrada polo Concello de Narón, acompañada dunha imaxe do Muíño das Aceas. As bases do concurso pódense consultar na web www.naron.es

Lea también

Narón-Programa municipal educativo Informática Divertida (INDI)

A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou que o Concello abrirá este mércores, día …