Narón-O Concello convocou cinco prazas de auxiliar administrativo mediante oposición

O concelleiro de Persoal, Pablo Mauriz, anunciou que o Concello de Narón convocou cinco prazas de auxiliar administrativo (da escala de administración xeral, subescala auxiliar e clase auxiliar) mediante o sistema de oposición.

O edil naronés indicou que catro delas son en turno libre e unha reservada para persoas con discapacidade e explicou que o vindeiro 2 de novembro rematará o prazo de presentación das solicitudes.

As bases que rexen esta convocatoria para a provisión das citadas prazas poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 5 de febreiro de 2020, 13 de abril e 2 de agosto de 2021, así como no Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo de 2020, 28 de setembro e 1 de xuño de 2021. A fase de oposición constará de catro exercicios, sobre a parte teórica do exame (o temario pode consultarse nas propias bases) informática e galego.

Lea también

Charlas dirixidas a familias con menores matriculados nas escolas infantís de Narón

A edil de Ensino do Concello de Narón, Olga Ameneiro, informou que os días 22 …