Narón-O concello súmase a campaña de axuda pola erupción do volcán da Palma

O Concello de Narón súmase á campaña de axudas ás persoas afectadas pola erupción do volcán da Palma. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a edil de Benestar Social, Catalina García,   acordaron dirixirse ao Cabildo insular co fin de interesarse polo mellor xeito de implementar na cidade accións para axudar ás veciñas e veciños afectados, ao tempo que lle trasladaron unha mensaxe de ánimo e forza nestes momentos tan difíciles que están atravesando.

Dende o Cabildo insular de La Palma contactaron coa área de Bienestar Social para “agradecer enormemente ao pobo de Narón que se dirixise a nós para amosarnos o seu apoio e colaboración nestes momentos tan difíciles”. Ao mesmo tempo, aseguraron que “actualmente temos cubertas todas as necesidades básicas, polo que o mellor xeito de colaborar coas persoas damnificadas é a través da vía económica”, indicando a continuación os procedementos a través dos que se poden realizar esas achegas.

As persoas que desexen colaborar económicamente poden facelo a través de Bizum –código 03747- e tamén dende España realizando o abono no
IBAN: ES47 2100 9169 0122 0017 9456 ou dende o estranxeiro, BIC/Código
Swift: CAIXESBBXXX, indicando no apartado do concepto Donación volcán” e
como destinatario o “Cabildo Insular de La Palma.

No Concello de Narón xa se ofreceu a información ás persoas que traballan no propio Consistorio, co fin de que no caso de que estean interesados en colaborar poidan facelo a través das vías indicadas. Así mesmo, destacaron a solidariedade das veciñas e veciños de Narón “que sempre que é posible, ante este tipo de situacións teñen demostrado sobradamente a súa solidariedade coas persoas que máis o precisan ante diversas situacións”.

Lea también

Concello de Narón e AGA Ferrolterra organizan charlas sobre a avespa asiática

A delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA) e o Concello de Narón …