Programa «Adiante Narón» para potenciar iniciativas emprendedoras e autoemprego

O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, presentou este xoves, día 28 de outubro, no Concello de Narón o programa formativo “Adiante Narón”, unha iniciativa que, tal e como indicou, aposta por “actuar na cidade e na súa área de influencia como un catalizador e potencializador de iniciativas emprendedoras e de autoemprego como alternativa ás opcións que ofrece o actual mercado laboral”.

O edil subliñou que se trata “dun programa pioneiro en Galicia a través do que se aplicará un modelo de emprendemento internacional”. O programa diríxese a un total de 15 persoas, tendo preferencia ós veciños de Narón, co fin de proporcionar una atención máis personalizada, dinámica e participativa.

O Pazo da Cultura é o lugar no que se impartirán, a cargo de diferentes profesionais, os catorce módulos, de tres horas de duración cada un, en tódolos casos de 10.00 a 13.00 horas, dos que consta “Adiante Narón”.

Pita avanzou que no primeiro bloque, sobre “Detección de oportunidades e pilares do proxecto” impartiranse no mes de novembro os módulos de: Estratexia, detección e dimensionamento de oportunidades, o día mércores 3; Análise do entorno xeral e específico o día 10, e o de Proceso de “design thinking” e produto mínimo viable, o xoves día 11.

A continuación, en novembro comezará o bloque 2, sobre “Estratexia e dirección comercial” no que se impartirán os módulos de: Modelos de negocio e proposta de valor, o venres día 12; Proposta de valor II, o ércores día 17; Construción de marca, o venres día 19; Determinación do prezo, o día mércores 24; e Definición das canles de distribución, o venres día 26, para continuar este mesmo bloque en decembro cos módulos de Marketing dixital o mércores día 1, e Marketing dixital II o venres día 3

A formación de decembro continuará con outros dous bloques, o terceiro, sobre “Análise de viabilidade e proxeccións económico/financieiras”, con módulos de Análise viabilidade I e II os días xoves 9 e venres 10,  para traballar sobre números e definir obxectivos e medición respectivamente.

O último bloque, o cuarto, será sobre “Aspectos legais e fiscais”, cun módulo sobre sociedades (proceso de constitución, tipos e características) ó mércores día 15 de decembro, e outro sobre Propiedade intelectual (impostos máis relevantes, subvencións e axudas públicas) óvenres  día 17 de decembro.

“Consideramos que é un programa moi completo e ben avalado, apropiado para este concello, dende donde sempre traballamos nesta liña co sector” asegurou Pita, que amosou a súa confianza en que “de aquí poidan saír unha gran cantidade de proxectos que teñan un próspero desenvolvemento, coa creación de emprego na cidade e no resto da comarca”

O edil incidiu na necesidade de xerar un emprendemento “viable e sostible no tempo” subliñando que unha das claves para acadar este obxectivo é a formación ós emprendedores. O programa “Adiante Narón” baséase no adoptado polo G-20, co fin de garantir unha formación “útil, real e orientada a cubrir as necesidades e inquedanzas dos participantes”.

Todas aquelas persoas interesadas en participar poden obter máis información e anotarse a través do seguinte enlace: https://efbs.hubspotpagebuilder.com/m%C3%A1ter-lean-0-1

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …