O Esteo logra unha victoria importante ante Albense

Xogada dun dos goles de O Esteo ante Albense | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Oitavo partido consecutivo de Segunda División «B» do O Esteo a domicilio no que se logrou un importante triunfo nas Somozas por 6-3 ante o Albense de Salamanca.

O cadro pontés xa marchaba 3-0 ao descanso con tantos de Jhony, Guillán, e Troncho, e ao pouco da reanudación, facía o cuarto Jandro a pase de Cokito.

Mediado o segundo período os visitantes quedaban cun menos e aínda que O Esteo non soubo sacar proveito dos dous minutos en superioridade, semellaba que sentenciaba Alberto que marcaba o 5-0 a porta baleira tras pase de Héctor faltando pouco.

Nada máis lonxe da realidade pois en pouco máis dun minuto fatídico os castelán leoneses poñíanse 5-3, tranquilizando Héctor co 6-3 definitivo cun tanto a porta baleira faltando poucos segundos.

Tres puntos de oxíxeno para O Esteo que escala á antepenúltima posición con 7 puntos antes de visitar ao perigoso Leis Pontevedra, cuarto con 15 puntos.

O Esteo: M. Failde, Cokito, Héctor, Alberto, Troncho – tamén xogaron – Guillán, Jhony, Jandro, J. Failde, Dani, Joan.

Albense: Miguel, Sergio, Morales, Pinto, Jorge – tamén xogaron – Juan, Carlos, Roberto, Moreiro, Alex, Tejedor.

Goles: 1-0, Troncho (4´), 2-0, Guillán (6´), 3-0, Jhony (17´). 4-0, Jandro (22´), 5-0, Alberto (35´), 5-1, Roberto (38´), 5-2, Morales (39´), 5-3, Morales (39´), 6-3, Héctor (40´).

Incidencias: Amarelas a Guillán, Alberto. Expulsado por dobre cartón o visitante Sergio Sánchez (29´). Uns 100 espectadores no Pavillón das Somozas.

Lea también

June Moreno, quinta en la copa junior de Lignano

El pasado fin de semana se disputó en Italia, la Copa de Europa de Lignano, …