Narón-Subvencións para asociacións e outras entidades de ámbito municipal

O Concello de Narón convoca un ano máis as subvencións para asociacións e outras entidades de ámbito municipal, dirixidas a actuacións e programas realizados durante este ano e encamiñadas a promover e dinamizar a participación activa da veciñanza no tecido asociativo en diferentes áreas.

A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, anunciou que se poderán solicitar a partir deste martes, día 16 de novembre, e durante os vindeiros quince días hábiles, coa documentación correspondente a través da Sede Electrónica do Concello.

As asociacións e institucións de carácter social e entidades sen ánimo de lucro que soliciten estas subvencións deben estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás do Concello, ter os seus datos actualizados no momento de presentar a solicitude e debidamente xustificadas as axudas ou subvencións concedidas en anos anteriores polo Concello.

Así mesmo, deben cumprir o resto de requisitos que se establecen no artigo 3.1 da Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Narón.

As áreas nas que deben traballar as asociacións e entidades solicitantes son: socioeducativa, sociocultural, igualdade, persoas con discapacidade ou drogodependencias, infancia, inmigración, minorías étnicas, atención ás persoas maiores, participación cidadá, mocidade, medioambiental e saúde, tal e como se especifica nas bases.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …