Cabanas-Espectáculo de monicreques “Camiños de aventura”

O Concello de Cabanas conmemorará este sábado, dñía 20 de novembro, o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, coa representación da obra de monicreques “Camiños de aventura”, da compañía “Títeres Cachirulo”.

Será no Salón de plenos da Casa do Concello ás 12.00h, con entrada libre até completar aforo. As persoas interesadas en ter máis información poden dirixirse ó correo normalizacion@cabanas.gal ou ó teléfono 649 075 263.

“Camiños de aventura” é un espectáculo dirixido a un público infantil e familiar, que conta a historia de cando nun lugar do Camiño de Santiago Gaiferos se atopou co Demo, que o desafiou ó xogo da Oca.

A actividade está promovida pola Rede de Dinamización Lingüística da que o Concello de Cabanas forma parte.

Lea también

Clausurada en As pontes a 6ª edición do Programa de Democratización do Coñecemento da Universidade Senior

A concelleira de Benestar Social de As Pontes, Tania Pardo participou na tarde deste mércores …