O Esteo segue sumando ante a Universidad de Valladolid

Instante do encontro de O Esteo ante Universidad de Valladolid | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Décimo encontro consecutivo do O Esteo a domicilio, que nesta ocasión tivo que desprazarse nin máis nin menos que a Concello de Fene, que exerceu de acolledor anfitrión, ao coqueto Pavillón da Xunqueira en San Valentín.

Pese a comezar adiantandose cun tanto de Jhony, pronto empataban os vallisoletanos, e tras varias comprometidas perdas de balón en defensa, volteaban o marcador os visitantes antes do descanso, e gracias que Failde parou un man a man.

Na segunda metade os ponteses buscaron en todo momento rescatar algún punto e lograrono cun tanto de Jandro a dous minutos do final, facendo boa a importante vitoria a semana pasada 3-4 en Pontevedra.

Son cuartos pola cola con 11 puntos antes da importante visita ao Ribeira a vindeira semana.

O Esteo: M.Failde, Guillán, Héctor, Alberto, Troncho – tamén xogaron – Cokito, Jhony, Jandro, J.Failde, Dani.

Universidad de Valladolid: Rubén, Picolo, Javi, Antolín, Nacho – tamén xogaron – Aaron, Clemente, Víctor, Iván, Adrián.

Goles: 1-0, Jhony (5´), 1-1, Antolín (8´), 1-2, Clemente (18´). 2-2, Jandro (38´).

Incidencias. Amarelas a Troncho e Víctor. Uns 50 espectadores no Pavillón da Xunqueira.

Lea también

El Náutico de Narón busca el título de las Ligas Nacionales de Duatlón

Este fin de semana, la ciudad de Soria se prepara para acoger la última jornada …