Cariño-Axenda cultural deste «finde»

Teatro do andamio «insubmisión» 

Terá lugar este sábado 27 de noviembro, no Auditorio Municipala partir das 19.30 horas. Espectáculo incluido na Rede Cultural da Diputación da Coruña. Entrada de balde. Se pode recoller o convite ou apuntarte ós obradoiros no local social da casa do Concello (Avda. da Paz, 2 – 981 420 206).

Autora: Rosa Molero. Dirección: Tatiana Likhacheva Elenco: Gema Ulloa y Fran Giraldo. Duración: 65 minutos

Sinopse: Insubmisión fala da violencia que se xenera no ámbito familiar, e que o fai dende o epicentro do conflicto: a intimidade da parella.

O texto conta a historia partindo de dúas premisas. A primeira é que a violencia non aparece explícitamente no texto. Trátase dunha violencia suxerida, subxacente… A tensión dramática crece ó redor desa violencia contida, pero que non estala sobre o escenario.

A segunda é que Insumisión non só se articula sobre a dor senón tamén sobre a esperanza, plantexando unha rebelión ante os fíos que nos atan a unha vida desgarrada. Hai saída; é posible facer as maletas é pechar a porta.

Vella escola : «Concerto espectáculo sobre a cultura hip hop»

Terá lugar este domingo, día 28 de novembro, no Auditorio Municipaldas 19 ás 20 horas.  Obradoiros (DJ, Beatbox e Breaking) de 17 a 18 horas. Actividade financiada pola Rede de dinamización lingüística da Xunta de Galicia.

Entrada de balde. Se pode recoller o convite ou apuntarte ós obradoiros no local social da casa do Concello (Avda. da Paz, 2 – 981 420 206).

Sinopse: Trátase dun pectáculo multidisciplinar cunha función dunha hora e obradoiros no que se representa o nacemento e desenvolvemento da cultura hip hop. A función abre cun dj que, acompañado dunha grande pantalla, vai mesturando música e vídeo da época anterior ó hip hop (anos 70).

A segunda parte representa o nacemento e evolución do hip hop (anos 80-90) con actuacións de Rap, Beatbox, Breaking e Turntablism (scratch), acompañados por unha mostra de Graffiti que suple a función de apoio visual da pantalla.

Lea también

Apertura en Cedido de la piscina de O Castro en horario de verano

El próximo martes, día 21 de junio, abre la Piscina Municipal O Castro (Cerdido) en horario de …