O BNG reitera a necesidade de dotar dun local a entidade veciñal de Recimil

Iván Rivas reunido coa entidade veciñal de Recimil | BNG

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no Concello de Ferrol, mantivo un encontro con representantes da asociación veciñal de Recimil para abordar a situación do barrio e o cumprimento dos acordos plenarios sobre o mesmo é a necesidade de poñer a disposición desta entidade un local para que poidan desenvolver as súas actividade.

O portavoz recorda que en febreiro do ano pasado o pleno aprobou por unanimidade unha moción do BNG cunha serie de medidas específicas para o barrio de Recimil e encarar a súa recuperación tanto social como urbana «sen que até o de agora o goberno de Ángel Mato as poña en prática.«

Indicou que a recuperación de Recimil «pasa pola súa recuperación económica e social«. Destaca neste sentido o traballo da entidade veciñal «que ten a vontade e quere traballar polo barrio, pero para iso precisan un lugar onde facelo«. A solución «é sinxela, Recimil é un barrio municipal, polo que só é preciso a vontade política do goberno local para ceder a esta entidade un baixo onde poder realizar o seu traballo.«

Iván Rivas, afirmou, que outro dos obxectivos é a recuperación do mercado de Recimil «que debe xogar un papel destacado na recuperación económica e social da barriada«. Neste sentido indicou que é preciso «axilizar ao máximo o proxecto de rehabilitación deste mercado, negociado co BNG na aprobación dos oramentos municipais de 2021, co obxectivo de que sexa unha realidade o antes posíbel.«

O BNG considera que ademais destas medidas «non podemos esquecer que debemos traballar para acadar a diversidade social e conseguir un barrio cohesionado polo que deberíanse adxudicar as vivendas baleiras e ir rehabilitando ás vivendas, tanto nos interiores como nas envolventes

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …

Un comentario

  1. Sr Rivas, porque non colle as maletas dende o seu chalet de canido e se muda a recimil, o coche de luxo xa o ten , así xa seria coma os de ali , recimil hay que tiralo e facer un barrio novo que dinamize a cidade