Narón-Convenios con entidades sociais e deportivas

A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou nas últimas semanas convenios de colaboración con entidades de carácter social e deportivo por un importe conxunto de 110.000 euros.

En función das preferencias de cada unha das entidades, algúns deles asináronse de xeito telemático, se ben este luns, día 29 de novembro, Ferreiro rubricou no Concello de Narón co presidente da Fundación Terra de Trasancos, José Díaz, e acompañada pola edil de Benestar Social, Catalina García, o convenio coa citada entidade da parroquia naronesa do Val.

A través do acordo levaranse a cabo actividades vencelladas ó ámbito da promoción social, como unha unidade de intervención con memoria e función cognitiva ou programas de asesoramento e prevención de dependencia, fomento da autonomía e servizo de terapia ocupacional, entre outros.

Así mesmo, tamén se asinou hai unhas semanas un convenio coa Asociación Ferrolana de Drogodependencia para ofrecer asesoramento e realizar o seguemento das persoas que derive o Concello, a través do Servizo Sociocomunitario ou que poidan acceder aos recursos da entidade.

Dende a mesma, realizarase unha enquisa da situación social dos usuarios e usuarias da cidade e tamén se impulsarán campañas de sensibilización do uso responsable das Tecnoloxías da Información e Comunicación.

A maiores, tamén se asinaron convenios con entidades deportivas, concretamente con seis: o Club Voleibol Narón Volea, o Club de Golf Campomar, o Club de Piragüismo Narón, a Agrupación Deportiva Náutico Narón, o Club Narón Tenis de Mesa e o Club Acordes Narón de ximnasia rítmica. En todos os casos os clubs, en base ós seus respectivos convenios, continuarán fomentando o deporte nas diferentes categorías e ofrecendo a súa colaboración na organización de eventos que organice o Concello na cidade.

A alcaldesa destacou o traballo que tanto as entidades como os clubs da cidade realizan ó longo do ano e comprometeu o apoio do Concello, materializado nestes convenios “para colaborar con eles e que poidan seguir prestando ós nosos veciños servizos que consideramos moi necesarios en cada unha das súas áreas”.

Lea también

O Pazo de Narón acolle este sábado a representación da peza teatral N.E.V.E.R.M.O.R.E.

A compañía de teatro Chévere traerá este sábado, día 14 de maio, no Pazo da Cultura …