Narón-Xornadas informativas sobre «Eficiencia enerxética»

O Concello de Narón convocou unhas xornadas informativas sobre “Eficiencia enerxética” que comezan a desenvolverse este martes, día 30 de novembro, ás 20.00 horas no local social do Alto do Castiñeiro, e que continuarán ata mediados de decembro na zona urbana e rural.

Un profesional na área de eficiencia enerxética será a persoa encargada de informar aos asistentes sobre diversas cuestións relacionadas con esta temática.

Dende a Concellería de Medio Ambiente, o edil Santiago Galego avanzou que as vindeiras convocatorias programadas serán este mércores, día 1 de decembro, no local social de San Mateo ás 19.30 horas, ó día seguinte, xoves 2, no local social de Pedroso ás 19.30, e este venres, día 3 no local social de Xuvia ás 18.30.

A vindeira semana, indicou, continuarán o venres día 10 na Cooperativa do Val ás 19.00, e tamén se convocaron o martes, día 14 de decembro no local social de Doso ás 19.00, e o mércores día 15 de decembro no local social da Gándara ás 19.00, para rematar o ciclo o día 16 de decembro no local social de Sedes  ás 19.30 horas.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo de danza tradicional “Ceibe”

O Pazo da Cultura de Narón acolle esta fin de semana unha nova proposta, o …