Narón-Programa municipal «Conciencia-T» sobre uso responsable das redes sociais

O Concello de Narón mantén aberto o prazo de inscrición no programa municipal “Conciencia-T”, unha iniciativa sobre uso responsable das redes sociais dirixido a rapaces de Narón nados entre 2004 e 2008 e empadroados ou escolarizados na cidade.

O concelleiro de Mocidade, Pablo Mauriz, explicou que se ofertan un total de vinte prazas e que a inscrición é de balde.

O programa desenvolverase os días 22, 23, 24, 27, 28 e 29 de decembro de 10.00 a 14.00 horas na Casa da Mocidade, na Gándara e algunhas actividades terán lugar noutros concellos da zona. “Os participantes na convocatoria aprenderán numerosas iniciativas educativas encamiñadas a realizar un uso responsable das redes sociais, un mundo no que a mocidade é moi activa nos últimos tempos e é moi necesario extremar todas as precaucións”, apuntou o edil.

Reflexionar sobre o uso correcto das redes sociais, aprender a identificar situacións de acoso/abuso, fomentar o pensamento crítico, ofrecer alternativas de ocio, establecer relacións interpersoais entre iguais respectando e valorando positivamente a diversidade e coñecer a flora e a fauna da nosa contorna forman parte dos contidos que se abordarán neste programa.

As solicitudes poden presentarse ata o 10 de decembro ás 13.30 horas no Rexistro municipal, a través da Sede Electrónica do Concello ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, utilizando o formulario dispoñible na Sede Electrónica do Concello, donde se pode consultar toda a información ó respecto.

Para máis información tamén se pode chamar ó teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1111).

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …