Narón-Unha unidade móbil para a doazón de sangue estará este sábado na cidade

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este sábado, día 4 de decembro, na cidade de Narón concretamente en Sedes e Xuvia.

O vehículo localizarase xunto á Asociación de Veciños “Rosa dos Ventos”, en Sedes, en horario de mañá, de 10.00 a 12.00 e a continuación, de 12.30 a 15.00 horas permanecerá na estrada de Castela, nas inmediacións do Xulgado de Paz.

As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ó mediodía, esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ó médico se se está tomando algún medicamento.

Lea también

O BNG de Narón insta ao goberno local a facerse cargo da xestión do servizo de madrugadores

O BNG de Narón leva ao pleno de abril unha moción na que insta ao …