Iván Rivas insta ao alcalde de Ferrol a demandar solucións ao illamento ferroviario

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no Concello de Ferrol, insta ao alcalde da cidade, Ángel Mato, a aclarar se aproveitou o encontro coa Ministra de Transportes «para esixir unha solución aos problemas ferroviarios que afectan a nosa cidade que nos condenan ao illamento co resto do país

Salientou que xa comeza a ser habitual «o silencio» de Ángel Mato diante da Ministra de Transportes á hora de esixir ao goberno do Estado que consigne fondos económicos para acometer a mellora e modernización da liña ferroviaria Ferrol-A Coruña.

Iván Rivas considera «triste para Ferrol a paradoxa á que nos somete Ángel Mato co tema das conexións ferroviarias na cidade«. Un alcalde que «en repetidas ocasións presentou publicamente, nada máis e nada menos que, tres estudos diferentes sobre a materia, pero cando se presenta diante da Ministra garda un sepulcral silencio.«

O portavoz lamentou que onte Ángel Mato evitara pronunciarse «sobre a discriminación á que o goberno central somete a nosa cidade e as nosas conexións ferroviarias o que evidencia o papel totalmente sumiso de Ángel Mato para co goberno central incapaz de expoñer os problemas de Ferrol.«

Lea también

Ferrol apuesta por un ocio nocturno seguro y libre de violencias

La concejala de Mujer e Igualdad, Elvira Miramontes, avanzó que el Ayuntamiento de Ferrol se …