Narón-Axenda de actividades do 3 ó 8 de decembro

Venres 3 de decembro de 2021

Actividade: Acendido do alumeado de Nadal Hora: 18.30 Lugar: Xardíns da Residencia San Xosé (Piñeiros)

O Concello e a Asociación de Veciños de Piñeiros celebrarán de novo este ano o tradicional acto de acendido do alumeado de Nadal nos xardíns da Residencia San Xosé. Tralo acendido haberá unha degustación de castañas asadas, de balde.

Actividade: Xornadas informativas sobre “Eficiencia enerxética” Hora: 18.30 Lugar: Local social de Xuvia

O Concello organiza esta convocatoria, na que profesionais na área informarán ós asistentes sobre o uso eficiente da enerxía e poderán solventar as cuestións que consideren oportunas ó respecto.

Actividade: Xornadas informativas sobre “Especies exóticas invasoras” Hora: 20.00 Lugar: Local social de Xuvia

O Concello organiza esta convocatoria para informar sobre os perigos das especies exóticas invasoras e as medidas a aplicar para evitar a súa proliferación.

Sábado 4 de decembro de 2021

Actividade: “XXI Torneo de Tenis de mesa Cidade de Narón. Memorial Jorge Martín” Hora: De 9.30 a 19.00 Lugar: Pavillón Campo da Serra

Uns 150 deportistas procedentes de diferentes clubs de tenis de mesa de Galicia participarán esta fin de semana neste evento, organizado polo Concello e o Padroado de Deportes de Narón. A entrada é de balde.

Actividade: “XII Mercado de 2ª man” Hora: De 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 Lugar: Recinto feiral do Trece (Sedes)

Un total de 69 postos instalaranse esta fin de semana no recinto feiral do Trece, en Sedes, para vender diferentes artigos de segunda man. Roupa, artesanía, libros, discos, cerámica, bisutería… serán algúns dos que se poderán adquirir. Haberá obradoiros para nenos relacionados co medio ambiente e a reciclaxe e tamén se sortearán cestas con produtos de Nadal entre a clientela.

Actividade: “IV Memorial Andrés Castro” de Teatro: Don Pero el Emparedado Hora: 19.00 Lugar: Local social de Pedroso

A Asociación de Veciños “A Pombiña”, de Pedroso, organiza esta convocatoria en colaboración co Padroado da Cultura. O grupo de teatro Donas de Ferrol será o encargado de representar a primeira das obras deste ciclo, con entrada de balde.

Domingo 5 de decembro de 2021

Actividade: “XXI Torneo de Tenis de mesa Cidade de Narón. Memorial Jorge Martín” Hora: De 10.00 a 17.00 horas Lugar: Pavillón Campo da Serra 

Uns 150 deportistas procedentes de diferentes clubs de tenis de mesa de Galicia participarán esta fin de semana neste evento, organizado polo Concello e o Padroado de Deportes de Narón. A entrada é de balde. 

Actividade: “XII Mercado de 2ª man” Hora: De 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 Lugar: Recinto feiral do Trece (Sedes)

Un total de 69 postos instalaranse esta fin de semana no recinto feiral do Trece, en Sedes, para vender diferentes artigos de segunda man. Roupa, artesanía, libros, discos, cerámica, bisutería… serán algúns dos que se poderán adquirir. Haberá obradoiros para nenos relacionados co medio ambiente e a reciclaxe e tamén se sortearán cestas con produtos de Nadal entre a clientela.

Actividade: “IV Memorial Andrés Castro” de Teatro: Amén Hora: 19.00 Lugar: Local social de Pedroso

O grupo Teruca Bouza de O Seixo será o encargado da representanción da obra “Amén”. O Padroado colabora coa AVV “A Pombiña”, de Pedroso, nesta iniciativa. A entrada é de balde.

Luns 6 de decembro de 2021

Actividade: “IV Memorial Andrés Castro” de Teatro: Conversas Hora: 19.00 Lugar: Local social de Pedroso

O grupo de teatro Xosé María Pérez Parallé, de Fene, actuará no “IV Memorial Andrés Castro”, organizado pola AVV “A Pombiña” en colaboración co Padroado da Cultura. A entrada é de balde.

Mércores 8 de decembro de 2021

Actividade: “IV Memorial Andrés Castro” de Teatro: Confinados Hora: 19.00 Lugar: Local social de Pedroso

O grupo de teatro A Pombiña de Pedroso, pechará o IV Memorial Andrés Castro de teatro, organizado pola entidade veciñal da parroquia en colaboración co Padroado da Cultura. A entrada é de balde.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …