O Esteo logra unha importante victoria ante Deporcyl Guardo

Instante do encontro ante Deporcyl Guardo | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Triunfo moi importante e sufrido do O Esteo este sábado nas Somozas ante o segundo clasificado, o Guardo, por 6-3. Os ponteses van rematar 2021 habendo xogado por última vez en As Pontes un 17 de maio cun 2-3 ante o Unión Arroyo.

Nada que ver este partido co encontro disputado a campaña pasada no que o conxunto palentino gañara 0-7 na Fraga asegurando o título de liga.

A primeira metade rematou con táboas, pero no inicio da segunda, tras unha boa asistencia de Troncho marcaba Guillán, e pouco despois o propio xogador pontés marchaba só, e o seu disparo desviabao un defensa colándose por entre as pernas do porteiro visitante.

Pero os castelans leoneses trataron de recurtar distancias buscando que non se marchara moito na clasificación o histórico Santiago Futsal, e mediada a segunda parte empataron por medio de Beto, que logrou batir a Failde, que salvou moitas ocasións, incluos marcou un gol.

Pero dende o borde da área, revolveuse de espaldas a portería Cokito, e pese a desviar un pouco o porteiro o balón acabase colando pola escadra tras petar na cruceta. O propio Cokito servialle unha boa asistencia a Troncho para facer o 6-3 que resultou ser definitivo a pesar do perigoso xogo de 5 para 4 dos amarelos.

Nunha clasificación moi apretada por abaixo, O Esteo é noveno sumando 17 puntos antes do trascendental derbi ante o Cidade de Narón, que ten 12.

O Esteo: M. Failde, Cokito, Héctor, Alberto, Troncho – Jhony, Jandro, Guillán, J. Failde, Dani.

Deporcyl Guardo: Gómez, Beto, Iván, Corral, Raúl – Chefo, Beto, Chochi, Davicín.

Goles: 1-0, M. Failde (3´), 1-1, Davicín (4´), 1-2, Beto (5´), 2-2, JFailde (7´). 3-2, Guillán (21´), 4-2, Troncho (24´), 4-3, Beto (31´), 5-3, Cokito (36´), 6-3, Troncho (38´).

Incidencias. Amarelas a Jandro, Guillán, M.Failde, Chochi, Iván. Uns 50 espectadores no Pavillón das Somozas.

Lea también

Cambio nas saídas previstas na «I Travesía de caiac de mar Concello de Narón»

Ante a previsión de condicións adversas, por vento, na xornada do domingo día 21 informan desde …