Roteiro literario por Neda cun guía de excepción: o escritor Vicente Araguas

O escritor e Fillo Predilecto de Neda, Vicente Araguas, actuará como guía de excepción nun paseo literario pola vila de Neda.

Celebrarase o vindeiro martes, día 28 de decembro, en horario de tarde, nunha iniciativa organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) co apoio da Deputación provincial da Coruña e a colaboración do Concello de Neda.

O percorrido, dunha hora e media de duración, partirá do agro da igrexa de San Nicolás de Neda ás 16,30 horas, e a participación é gratuíta, con inscrición previa enviando un correo electrónico ó enderezo oficina@aelg.org. As prazas están limitadas a 25.

A iniciativa forma parte do proxecto Paseos Literarios por Vilas da Provincia da Coruña, promovido ó longo deste ano 2021, e con esta última parada no municipio.

Lea también

A Deputación licita por 224.664€ as obras do firme da DP 4803 en Centroña, Pontedeume

A Deputación da Coruña vén de publicar a licitación das obras de renovación do firme …