Axenda en Narón deste mercores 22 de decembro

Mércores 22 de decembro de 2021

Actividade: A Cidade dos Agasallos: Oficina do Correo Real Hora: 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas (de luns a venres) e tamén de 11.00 a 14 os sábados e domingos Lugar: Pazo da Cultura

Os nenos  poderán depositar as súas cartas no buzón da Oficina do Correo Real instalado no Pazo.

Actividade: Obradoiros de dinamización comunitaria

Os obradoiros de dinamización comunitaria organizados polo Concello de Narón, con entrada de balde, nos centros cívicos sociais continuarán nesta xornada con dúas propostas: ás 11.00 horas: Asociación de Veciños da Solaina (Creación de grilandas para decorar os centros cívicos sociais), ás 16.00 horas: Centro cívico social da Gándara (Fabricación de marionetas con material reciclado), ás 19.00 horas: Centro Cívico Social do Couto (Fabricación de marionetas con material reciclado)

Actividade: Concerto de Nadal Hora: 17.00 horas. Lugar: Club de Xubilados e Pensionistas de Santa Icía

O Concello organiza un concerto de Nadal, con música de Los Zares, dirixido a persoas maiores, que poderán asistir de balde, para desfrutar dun completo repertorio da década dos 70.

Lea también

Ferreiro e Rey Varela valoran a desmontaxe das líneas de alta tensión entre Narón e Ferrol

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, está a finalizar o desmonte das dúas liñas de …