O alumnado do programa municipal «Adiante Narón» recibe os seus diplomas

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, entregaron este mércores día 22 de decembro, os diplomas do programa municipal “Adiante Narón” ás once persoas que participaron no mesmo.

O programa xorde co fin de fomentar o emprendemento, apostando pola súa viabilidade e sostibilidade no tempo dende un inicio, centrándose na formación para que as persoas que realizasen o curso partisen dunhas bases sólidas que cubrisen as súas inquedanzas.

Ferreiro e Pita interesáronse ante os participantes polos proxectos que presentaron a esta convocatoria: un área de reparación de autocaravanas, unha empresa de construción e reformas con servizo de limpeza, outra vencellada a servizos informáticos, un servizo de venda e reforma de estruturas e pezas metálicas, un espazo para a venda online de bonecas artesás…

Os representantes do goberno local felicitaron ás persoas que remataron esta formación impulsada dende o Concello e conversaron con eles antes da entrega de diplomas, valorando positivamente o alumnado o resultado desta convocatoria, deseñada para fomentar iniciativas emprendedoras e o autoemprego.

“Adiante Narón” foi un programa pioneiro en Galicia e incluíu un total de catorce módulos de tres horas de duración cada un deles, en horario de mañá e que se desenvolveron dende o pasado 3 de novembro ata o 17 de decembro no Pazo. O alumnado abordou no primeiro dos bloques a “Detección de oportunidades e pilares do proxecto”, cun módulo sobre: Estratexia, detección e dimensionamento de oportunidades.

O programa continuou co bloque de “Estratexia e dirección comercial” con módulos sobre negocio e proposta de valor, construción de marca, determinación do prezo e marketing dixital e un terceiro bloque de “Análise de viabilidade e proxeccións económico/financieiras”, no que se abordaron temas como os obxectivos e a medición.

O último dos bloques foi sobre “Aspectos legais e fiscais”, con módulos sobre o proceso de constitución de sociedades e os seus tipos e características e sobre propiedade intelectual, impostos e axudas públicas.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …