Últimas prazas para a mesa redonda sobre «Islas Jaula» que terá lugar mañá no Café Teatro do Pazo de Narón

As persoas que desexen acudir á mesa redonda sobre “Islas Jaula” que se celebrará este sábado ás 18.00 horas, no Café Teatro do Pazo da Cultura, dispoñen aínda dalgunhas prazas libres –de balde- para poder asistir, xa que o aforo é limitado.

Na convocatoria abordarase a situación das persoas refuxiadas e a planificación do uso de territorios insulares como espazo de retención de persoas. Así mesmo, darase a coñecer o proceso de creación e montaxe do espectáculo “Moria, da compañía
Unahoramenos Producciones e que se representará este venres e mañá sábado ás 20.00 horas.

Durante algo máis dunha hora, Mario Vega, director artístico de Unahoramenos Producciones e do espectáculo “Moria”; Nicolás Castellanos, xornalista e asesor de contidos do citado espectáculo, e Anna Surinyach, directora de fotografía, intervirán na mesa redonda de mañá sábado.

Ainda quedan entradas para a representación

As persoas interesadas poden tamén adquirir entradas para a representación hoxe e mañá no Pazo de “Moria”, un espectáculo que conta a historia de dúas mulleres refuxiadas de Afganistán e Bagdag e as súas familias, que teñen que fuxir dos seus países e vivir situacións moi complicadas tanto no momento da fuxida como unha vez que chegan a Europa, donde pensaban que remataría a súa etapa de sufrimento.

As entradas teñen un prezo de 12 euros para o público xeral e de 8,40 para abonados/as, desempregados/as e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).
Poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura:  www.padroadodecultura.es

Lea también

El PP de Narón celebró asamblea para elegir nuevo equipo directivo. Calvo pidió “xenerosidade e altura de miras”

“Si hoxe estamos aquí é por todo o que fixeron outros antes en momentos complicados. É …