O BNG considera «irrelevante» para Ferrol a nova delegación da Xunta

Iván Rivas e María do Mar López en rolda de prensa | Adán Puentes

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera que a decisión do presidente da Xunta de Galicia, de dotar á comarca dun Delegado Territorial únicamente «redundará en beneficio do Partido Popular que verá incrementado o seu plantel de altos cargos escollidos directamente polo señor Feijoo sen que isto supoña ningún beneficio para os veciños e veciñas de Ferrol.«

Sinala que o que pretende desenvolver o presidente da Xunta no mellor dos casos «é un ente xestor a través desta delegación territorial cando o problema radica en que non hai nada que xestionar. Se ademais temos en conta que os delegados territoriais son cargos cuxa función é fundamentalmente representativa e que dependen do resto de consellerías para contar con recursos económicos e capacidade para desenvolver proxectos excepto para celebrar contratos menores atopámonos con que a súa función vai ser irrelevante

Este tipo de medidas «son pura retórica namentres a Xunta de Galiza non desenvolve ningún tipo de medidas concretas levando á cidade a unha situación límite

Para o BNG «queda claro que os anuncios do presidente da Xunta non son máis que unha maneira de eludir a súa responsabilidade coa cidade ao mesmo tempo que precariza a sanidade, o ensino e o transporte

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …