O Esteo venceu a Segosala nun último minuto trepidante

Guillán anotando o penalti definitivo ante Segosala | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) O Esteo comezaba este sábado, tamén nas Somozas, a segunda volta da Segunda División «B» recibindo ao equipo do Segosala.

Marchaban ao descanso os locais 2-0 con tantos de Guillán e o canteirán Eloy, e co encontro encarrilado, pero de pouco lles serviu pois nun parsimonioso saque de centro moi listo estivo Monir para roubar o balón, regatear a Failde e marcar por alto apenas transcurridos cinco segundos da segunda parte.

Tras un bo servicio de Alberto anotaba Guillán o 3-1, pero faltando cinco minutos, co porteiro xogador anotaba o 3-2 Alex pola escadra e pouco despois tras unha mala finalización de xogada na contra empataba César.

E gracias, porque Failde salvou varias e un xogador baixo paus. Tamén é certo que Jhony picou un balón ante a saída do porteiro e por desgracia foi ao longueiro.

Pero os últimos 65 segundos de encontro foron trepidantes. Tras ser expulsado Jandro os visitantes anotaban ao pouco tempo da superioridade por medio de Óscar de tiro cruzado pegado ao poste. Pero ao pouco de saír O Esteo co porteiro-xogador Faílde anotaba o 4-4 chegando só ao segundo pau.

Faltando 50 segundos arriscaron os casteláns leoneses co porteiro-xogador pero os ponteses roubaron un balón e cando Guillán se dispoñia a rematar a porta baleira é empurradoo por detrás decretando os colexiados penalti que o propio xogador se encargou de transformar de forte disparo restando 25 segundos, anotando o 5-4 definitivo e o seu particular hat trick.

Tres puntos de ouro do O Esteo ante un rival directo ao que xa alonxa en seis puntos, situándose con 23, a mesma distancia que a súa próxima visita, o Coruxo, da gran localidade olívica, estando ambos rivais cun encontro menos.

O Esteo: M. Failde, Guillán, Alberto, Jhony, Troncho – Héctor, Jandro, J. Failde, Dani, Eloy.

CD Segosala: Ángel, Polonio, Óscar, César, Alex – Monir, Samu, Marcos, Guille, Unai.

Goles: 1-0, Guillán (6´), 2-0, Eloy (9´). 2-1, Monir (20´), 3-1, Guillán (25´), 3-2, Alex (35´), 3-3, César (36´), 3-4, Óscar (39´), 4-4, Javi Failde (39´), 5-4, Guillán, de penalti (40´).

Incidencias: Amarelas a Héctor e Marcos. Expulsado con vermello directo Jandro (39´). Uns 50 espectadores no Pavillón das Somozas.

Lea también

Las selecciones comarcales se nutren de varios jugadores de la cantera Racinguista

El lunes 25 se disputó el Campeonato Gallego de selecciones comarcales, con 17 jugadores y …