Iluminación da glorieta de Freixeiro con motivo do Día da Concienciación do Perthes en Narón

O Concello de Narón iluminará na noite desde luns, día 17 de xaneiro, a glorieta de Freixeiro co obxectivo de dar a coñecer a enfermidade de Legg-Calvé-Perthes e achegarse ás familias dos menores afectados e persoas adultas que sofren as súas secuelas.

A Asociación de Familias con Perthes, constituída no ano 2014, solicitou ó Consistorio que se iluminase algún espazo da cidade do cor do logotipo da entidade.

A enfermidade de Legg-Calvé-Perthes é, tal e como indicaron dende a asociación, unha necrose avascular na cabeza de fémur causada pola falta de rego sanguíneo e a súa orixe é descoñecida. Afecta a 1,5 de cada 10.000 menores, maioritariamente varóns e de idade entre 3 e 12, pero con maioría entre os 6-8 anos.

O 17 de xaneiro do ano 1869 naceu en Alemaña George Perthes e dende o ano 2016 conmemórase esta data como Día da Concienciación do Perthes para darlle visibilidade a esta enfermidade, considerada como rara

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo “O dragón de ouro”

A compañía Sarabela Teatro representará este sábado 20 no Pazo da Cultura de Narón, ás …