O Pazo de Narón acolle esta «finde» a representación da obra «Cigarreiras»

O Pazo da Cultura de Narón acollerá esta fin de semana, o venres 21 e o sábado 22 de xaneiro, o espectáculo “Cigarreiras”, da compañía Contraproducións e de Teatro Romea.

A representación terá lugar o venres ás 20.30 e o sábado ás 20.00 horas, podendo adquirirse as entradas dispoñibles ata completar a capacidade do Pazo no despacho de billetes das citadas instalacións ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es. O prezo das entradas é de 12 euros para o público xeral e de 8,40 euros para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

A peza, enmarcada no xénero do drama e cun elenco que integran sete actrices, está baseada na obra “La Tribuna”, de Emilia Pardo Bazán e está adaptada e dirixida por Cándido Pazó. A temática aborda ante as figuras de Pardo Bazán e das cigarreiras unhas situacións de marcado interese cultural que dan pé a tratar temas de actualidade a día de hoxe, como a perspectiva de xénero, a memoria colectiva…

Os argumentos aportados pola escritora e a súa novela poden suscitar un gran interese na sociedade actual, representada no teatro polo público. Na obra tamén se representarán as primeiras loitas femininas das traballadoras da Fábrica de Tabacos da Coruña e abordaranse temas como o amor e os prexuízos de clase, entre outros.

Lea también

Abascal presentará este domingo, en Pontevedra, a los candidatos de VOX

El presidente de VOX, Santiago Abascal, encabezará este domingo, día 21 de enero, la presentación …