Suspendida a representación da obra “Cigarreiras” prevista para esta fin de semana no Pazo da Cultura-Narón

A representación do espectáculo teatral “Cigarreiras”, da compañía Contraproducións e de Teatro Romea, prevista para este venres e sábado no Pazo da Cultura de Narón, suspendeuse debido a que unha das actrices do elenco deu positivo en Covid-19.

Dende o Padroado da Cultura solicitan desculpas polas posibles molestias ocasionadas e informan que o citado espectáculo se reprogramará no vindeiro trimestre deste ano.

En canto ás entradas vendidas ao público xeral, as persoas que tivesen as correspondentes ao pase do venres 21 -20.30 horas- poden solicitar a devolución do importe no despacho de billetes do Pazo ata o propio venres ás 20.00 horas e no caso das do sábado 22 -20.00 horas- poderán solicitar a devolución ata ese último día, tamén ás 20.00 horas. Aos abonados devolveráselles de inmediato o importe das entradas e ao público xeral seguindo o mesmo modo de pago utilizado para a compra das mesmas.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …